O problema de tres corpos
O problema de tres corpos
"O problema de tres corpos", impartido por Carmen Pavón Souto (Área de análise matemática).
Data: 31 de xaneiro de 2024.
Hora: 17:00h.
Lugar: Salón de Graos, Facultade de Matemáticas da USC.
Abstract:
O problema de tres corpos considérase o sistema dinámico non integrable máis simple da mecánica celeste. A pesar disto, o seu estudo ten gran interese polas súas múltiples aplicacións a diversísimos problemas astronómicos. Centrarémonos no estudo da súa simplificación coñecida como problema restrinxido circular de tres corpos. Esta aproximación é útil, por exemplo, á hora de tratar viaxes espaciais no sistema Terra-Lúa, traballar con estrelas binarias ou detectar nubes de asteroides de certos sistemas. Nesta charla preténdese facer unha revisión sobre o percorrido histórico do problema de tres corpos e realizar un estudo cualitativo do problema restrinxido circular.