CITMAga-OT-09/2022
OFERTA DE TRABALLO CITMAga-OT-09/2022
1 contrato como investigador/a para o proxecto de investigación no marco do proxecto SIMPSEG.
PROXECTO “HPC Simulation of Metal Powder Segregation in manufacturing of cored wire - SIMPSEG”.
REFERENCIA DA OFERTA: CITMAga-OT-09/2022
DESCRICIÓN DO POSTO:
1 contrato como investigador/a para o proxecto de investigación no marco do proxecto SIMPSEG, concedido na convocatoria FF4EuroHPC Call-2 do proxecto FF4EUROHPC: HPC innovation for european SMES, o cal está financiado pola Unión Europea a través do programa marco Horizon 2020 (https://cordis.europa.eu/project/id/951745).
“FF4EuroHPC project has received funding from the European High-Performance Computing Joint Undertaking (JU) under grant agreement No 951745”.
RESPONSABLE:
Dra. Elena B. Martín Ortega, profesora titular do Departamento Enxeñería mecánica, máquinas e motores térmicos e fluídos da Universidade de Vigo e investigadora vinculada ao CITMAga.
PERFIS DOS CANDIDATOS: Licenciados/as, Enxeñeiros/as, Graduados/as e Mestrados relacionados coa Informática, a Enxeñeria, as Matemáticas e a Fisica (ou similares).
MÉRITOS E REQUISITOS A VALORAR:
Formación e experiencia xeral a valorar (40 puntos, todas as aportacións deben estar documentadas).
- Expediente académico do grao ou licenciatura, enxeñería e/ou mestrado (no seu caso).
- Grao de afinidade das titulacións do candidato cos ámbitos da Matemática Aplicada e Industrial.
- Coñecemento e experiencia previa en modelización, simulación numérica e optimización, e na implementación e validación en computador de algoritmos e métodos numéricos.
- Coñecemento e experiencia previa na modelización matemática e na simulación numérica relacionada coa temática do proxecto.
- Coñecemento e experiencia na execución de modelos numéricos en HPC.
- Coñecementos de inglés.
Coñecementos e experiencia adicional e específica a valorar (30 puntos, todas as aportacións deben estar documentadas).
Á hora de valorar as candidaturas presentadas tamén se tomará en consideración a experiencia nalgúns dos seguintes campos, todos eles relacionados cos ámbitos de investigación do Proxecto, non sendo necesario ter experiencia en todos eles:
- Coñecemento de método de elementos discretos (DEM/ DPM), para simular modelos parametrizados de sistemas granulares sólidos.
- Programación en linguaxes de cálculo científico (C++, Matlab, Python, etc.).
- Experiencia no uso de software libre de simulación numérica (LIGGGHTS, MercuryDPM, OpenFoam).
- Experiencia no uso de software en entornos Linux.
- Experiencia profesional previa relacionada coa temática do proxecto.
- Valorarase a posesión de grao de doutor ou máster en disciplinas afíns á temática.
Entrevista persoal e cartas de recomendación (30 puntos).
As persoas candidatas seleccionadas de acordo cos criterios anteriores serán convocadas a unha entrevista persoal e a unha proba relativa ás funcións do posto. Nesta terceira fase teranse en conta as cartas de recomendación que cheguen para o candidato; só se admitirán 3 cartas de recomendación por candidato, que deberán ser remitidas directamente pola persoa que emita o informe e non o propio candidato. Entrevistarase polo menos ás/vos tres candidatas/vos con mellor valoración e que entre os dous apartados anteriores alcanzasen polo menos 35 puntos.
REQUISITOS XERAIS DOS CANDIDATOS:
Para ser admitidas/os, as persoas aspirantes, ademais de cumprir os requisitos específicos esixidos na actividade ou proxecto para a que realicen a súa solicitude indicados no punto anterior, deberán posuír no día de finalización de presentación de solicitudes e mantelos ata a data prevista de finalización do contrato, os seguintes requisitos de carácter xeral:
- Ter nacionalidade española ou dalgún dos demais Estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún estado, ao que, en virtude de tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.
- Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, a/o cónxuxe das persoas con nacionalidade española e de algún dos demais Estados membros da Unión Europea, e cando así o prevea o correspondente tratado, o dos nacionais de algún estado ao cal en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, sempre que non estean separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións, poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe, menores de vinte un anos ou maiores de dita idade que vivan ao seu cargo.
- Así mesmo poderán participar as persoas con nacionalidade de países non membros da Unión Europea ou que non estean incluídos no ámbito de aplicación dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores. No obstante, a formalización do contrato laboral con estes nacionais queda condicionada a que os aspirantes teñan concedida a excepción ou permiso de traballo e residencia legal en España.
- Ter cumpridos os 16 anos.
- Estar en posesión da/s titulación/s válida/s en España que se indique/n de acordo á lexislación española.
- Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física o psíquica que sexa incompatible co desempeño das funcións correspondentes.
- Non estar separado, mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas nin estar inhabilitado para o desempeño das funcións públicas.
CONDICIÓNS:
- Retribución bruta mensual: 1.862,62 € en 12 pagas. Esta praza levará un complemento de proxecto de 187,46 € mensuais
- Data inicio prevista: a partir do dia seguinte á data da resolución da selección.
- Duración: 13 meses
- Xornada laboral: tempo completo
MÁS INFORMACIÓN:
LUGAR DE TRABALLO: Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), Campus Lagoas-Marcosende, Vigo (Pontevedra).
ENVIO DE SOLICITUDES :
As persoas interesadas neste contrato deberán enviar antes do 19 de abril de 2022 ás 23:59 horas as solicitudes, que deberán incluír (en galego, castelán ou inglés) unha carta de presentación que resuma a traxectoria do solicitante cos méritos e experiencia a valorar na convocatoria, o currículo vitae (con teléfono móbil e correo electrónico), os títulos e os expedientes académicos de Grao/Licenciatura/Enxeñería y Mestrado; e a vida laboral (que acredite os méritos profesionais que aparecen no currículo vitae). Toda a documentación remitirase á seguinte dirección de correo electrónico: itmati@itmati.com indicando en “asunto” a referencia da oferta CITMAga-OT-09/2022. Unha vez recibida a solicitude confirmarase a recepción da mesma mediante correo electrónico. Os candidatos que sexan convocados á fase de entrevista deberán aportar documentación orixinal dos méritos aportados.
PRAZOS E RESOLUCIÓN:
Recepción de solicitudes: ata o 19 de abril de 2022 ás 23:59 horas
Avaliación de solicitudes e realización de entrevistas persoais: posterior ao 19 de abril de 2022.
Resolución da convocatoria: abril 2022.