CITMAga-OT-16/2022
OFERTA DE TRABALLO CITMAga-OT-16/2022
1 contrato como técnico/a superior de xestión no marco do programa propio de investigación de CITMAga para o desenvolvemento dos obxectivos estratéxicos de apoio e instrumentais.
DENOMINACIÓN: Contratación no marco do programa propio de investigación do consorcio Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), aprobado polo Consello Reitor o 25 de maio de 2022, para o desenvolvemento dos obxectivos estratéxicos de apoio e instrumentais.
REFERENCIA DA OFERTA: CITMAga-OT-16/2022.
DESCRICIÓN DO POSTO: 1 contrato como Técnico/a superior de xestión.
TRABALLO A REALIZAR: realización de tarefas de apoio á xestión da investigación no marco do programa propio de investigación do Centro, para o desenvolvemento dos obxectivos estratéxicos de apoio e instrumentais.
FUNCIÓNS A REALIZAR: xestión de transferencia de tecnoloxía e innovación e xestión da I+D+i no ámbito das matemáticas. Xestión de proxectos europeos.
RESPONSABLES: Profa. Dra. María Rosa Crujeiras Casais, Directora Científica en funcións de CITMAga e Prof. Dr. Javier Roca Pardiñas, Director Adxunto de Transferencia en funcións de CITMAga.
PERFIS DOS CANDIDATOS: Licenciados/as, Enxeñeiros/as, Graduados/as, ou equivalentes.
MÉRITOS E REQUISITOS A VALORAR:
- Formación a valorar (40 puntos, todas as aportacións deben estar documentadas).
- Expediente académico do grao, licenciatura, enxeñería, mestrado. Valorarase grao ou licenciatura relacionadas cos ámbitos de administración e economía.
- Formación de posgrao ou mestrado en xestión de innovación ou de I+D+i.
- Formación especializada e acreditada en promoción e xestión de proxectos, de contratos de I+D+i, e de actividades de transferencia e innovación.
- Formación específica en xestión e promoción de proxectos internacionais.
- Formación en xestión de patentes, en propiedade intelectual e industrial, ou en vixilancia tecnolóxica.
- Formación específica en conformación e xestión de spin- off universitarias.
- Coñecementos de inglés .
- Formación en uso de ferramentas ofimáticas e editores gráficos.
- Experiencia xeral a valorar (30 puntos, todas as aportacións deben estar documentadas).
- Experiencia previa contrastada de polo menos dous anos e medio en xestión de transferencia de tecnoloxía e innovación e xestión da I+D+i, relacionada co ámbito das matemáticas.
- Experiencia previa en solicitude, xestión e xustificación de proxectos autonómicos, nacionais e internacionais.
- Experiencia previa en xestión de contratos de transferencia de tecnoloxía, innovación, e valorización dos resultados de investigación relacionada co ámbito das ciencias experimentais ou a enxeñería.
- Experiencia en xestión de patentes, da propiedade intelectual e industrial, ou en vixilancia tecnolóxica.
- Experiencia en actividades de difusión e divulgación de transferencia de tecnoloxía relacionada co ámbito das ciencias experimentais ou a enxeñería.
- Experiencia na organización de accións para a promoción e valorización dos resultados de investigación relacionados co ámbito das ciencias, ciencias experimentais ou a enxeñería. Valorarase positivamente aquelas desenvolvidas fora de España.
- Experiencia na preparación e redacción de memorias de proxectos de I+D e de transferencia.
- Experiencia na preparación e redacción de informes científico-técnicos e económicos.
- Experiencia en redacción de propostas para o novo programa marco Horizon Europa.
- Experiencia en conformación de consorcios internacionais e negociación de orzamentos.
- Experiencia no desenvolvemento de negocio: captación de novas colaboracións para o desenvolvemento de accións de transferencia con distintos sectores industriais, e detección de necesidades nas empresas susceptibles de ser resoltas a través da tecnoloxía que ofrece o Centro.
- Experiencia en busca de financiación externa pública e privada (a nivel autonómico, nacional e internacional) para o desenvolvemento de proxectos de I+D+i e proxectos de transferencia.
- Experiencia na busca de alianzas con outros axentes do sistema de innovación.
- Entrevista persoal (30 puntos).
- Os candidatos/as seleccionados/as de acordo cos criterios anteriores serán convocados a unha entrevista persoal e a unha proba relativa as funcións do posto. Entrevistarase polo menos aos tres candidatos/as mellor valorados/as e que entre os dous apartados anteriores alcanzaran ao menos 45 puntos.
REQUISITOS XERAIS DOS CANDIDATOS:
Para ser admitidas/os, as persoas aspirantes, ademais de cumprir os requisitos específicos esixidos na actividade ou proxecto para a que realicen a súa solicitude indicados no punto anterior, deberán posuír no día de finalización de presentación de solicitudes e mantelos ata a data prevista de finalización do contrato, os seguintes requisitos de carácter xeral:
- Ter nacionalidade española ou dalgún dos demais Estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún estado, ao que, en virtude de tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.
- Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, a/o cónxuxe das persoas con nacionalidade española e de algún dos demais Estados membros da Unión Europea, e cando así o prevea o correspondente tratado, o dos nacionais de algún estado ao cal en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, sempre que non estean separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións, poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe, menores de vinte un anos ou maiores de dita idade que vivan ao seu cargo.
- Así mesmo poderán participar as persoas con nacionalidade de países non membros da Unión Europea ou que non estean incluídos no ámbito de aplicación dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores. No obstante, a formalización do contrato laboral con estes nacionais queda condicionada a que os aspirantes teñan concedida a excepción ou permiso de traballo e residencia legal en España.
- Ter cumpridos os 16 anos.
- Estar en posesión da/s titulación/s válida/s en España que se indique/n de acordo á lexislación española.
- Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física o psíquica que sexa incompatible co desempeño das funcións correspondentes.
- Non estar separado, mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas nin estar inhabilitado para o desempeño das funcións públicas.
CONDICIÓNS:
- Retribución bruta mensual: 1.941,75 € en 14 pagas.
- Data inicio prevista: a partir do dia seguinte á data da resolución da selección.
- Tipo de contrato: Contrato de actividades científico-técnicas indefinido.
- Categoría Laboral: Técnico superior de xestión
LUGAR DE TRABALLO: Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), Campus Vida, Santiago de Compostela.
ENVÍO DE SOLICITUDES:
As persoas interesadas neste contrato deberán enviar antes do 26 de xuño de 2022 ás 23:59 horas as solicitudes, que deberán incluír unha carta de presentación que resuma a traxectoria do solicitante cos méritos e experiencia a valorar na convocatoria, o currículo vitae (con teléfono móbil e correo electrónico), os títulos e os expedientes académicos de Grao/Licenciatura/Enxeñería e Mestrado; outras certificacións, e a vida laboral (que acredite os méritos profesionais que aparecen no currículo vitae). Toda a documentación remitirase á seguinte dirección de correo electrónico: itmati@itmati.com indicando en “asunto” a referencia da oferta CITMAga-OT-16/2022. Unha vez recibida a solicitude confirmarase a recepción da mesma mediante correo electrónico. As persoas candidatas que sexan convocadas á fase de entrevista deberán aportar documentación orixinal dos méritos aportados.
PRAZOS E RESOLUCIÓN:
Recepción de solicitudes: ata o 26 de xuño de 2022 ás 23:59 horas
Avaliación de solicitudes e realización de entrevistas persoais: semana do 27 de xuño de 2022.
Resolución da convocatoria: última semana de xuño 2022.
A data de inicio prevista pode sufrir modificacións en función da data de resolución de adxudicación do contrato.