CITMAga-OT-19/2022
OFERTA DE TRABALLO CITMAga-OT-19/2022
1 contrato como investigador/a colaborador/a no marco do programa propio de investigación do CITMAga, na área de Investigación e Transferencia “Ciencia e Coñecemento” dentro do programa de investigación “Análise matemática de datos” e na liña de investigación “Tecnoloxía matemática para a análise de datos”.
OFERTA DE EMPREGO CITMAga-OT-19/2022: 1 contrato como investigador/a colaborador/a no marco do programa propio de investigación do CITMAga, na área de Investigación e Transferencia “Ciencia e Coñecemento” dentro do programa de investigación “Análise matemática de datos” e na liña de investigación “Tecnoloxía matemática para a análise de datos”.
DENOMINACIÓN: Contratación no marco do programa propio de investigación do consorcio Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), aprobado polo Consello Reitor o 25 de maio de 2022, para o desenvolvemento da Axenda Científica do CITMAga. Na área de Investigación e Transferencia “Ciencia e Coñecemento” dentro do programa de investigación “Análise matemática de datos” e na liña de investigación “Tecnoloxía matemática para a análise de datos”.
REFERENCIA DA OFERTA: CITMAga-OT-19/2022.
DESCRICIÓN DO POSTO: 1 contrato como investigador/a colaborador/a.
TRABALLOS A REALIZAR: realización de tarefas de investigación na Área de Investigación e Transferencia “Ciencia e Coñecemento” dentro do programa de investigación “Análise matemática de datos” e na liña de investigación “Tecnoloxía matemática para a análise de datos”.
FUNCIÓNS A REALIZAR: planificación de e deseño de experimentos, depuración de datos, análise estatística dos mesmos e realización de informes.
PERFIS DOS CANDIDATOS: Licenciados/as, Enxeñeiros/as, Graduados/as ou equivalentes.
MÉRITOS E REQUISITOS A VALORAR:
- Formación e experiencia xeral a valorar (30 puntos, todas as aportacións deben estar documentadas).
- Expediente académico do grao/licenciatura/enxeñería e/o mestrado. Valorarase grao ou licenciatura en matemáticas e mestrado de especialización con contidos en estatística (25 puntos).
- Coñecementos de inglés (5 puntos).
- Coñecementos e experiencia adicional e específica a valorar (40 puntos, todas as aportacións deben estar documentadas).
- Experiencia específica en análise de datos e en programación en linguaxes de cálculo científico (Python, R, Latex, C++, etc.) (20 puntos).
- Experiencia específica en proxectos de tratamento de datos de estudos de intercomparación de laboratorios (10 puntos).
- Coñecemento das regulacións de saúde e seguridade de produto no sector téxtil (10 puntos).
- Entrevista persoal (30 puntos).
- As persoas candidatas seleccionadas de acordo cos criterios anteriores serán convocadas a unha entrevista persoal e a unha proba relativa ás funcións do posto. Entrevistaranse polo menos ás tres persoas candidatas con mellor valoración e que entre os dous apartados anteriores alcanzasen polo menos 45 puntos.
REQUISITOS XERAIS DOS CANDIDATOS
Para ser admitidas/os, as persoas aspirantes, ademais de cumprir os requisitos específicos esixidos na actividade ou proxecto para a que realicen a súa solicitude indicados no punto anterior, deberán posuír no día de finalización de presentación de solicitudes e mantelos ata a data prevista de finalización do contrato, os seguintes requisitos de carácter xeral:
- Ter nacionalidade española ou dalgún dos demais Estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún estado, ao que, en virtude de tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.
- Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, a/o cónxuxe das persoas con nacionalidade española e de algún dos demais Estados membros da Unión Europea, e cando así o prevea o correspondente tratado, o dos nacionais de algún estado ao cal en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, sempre que non estean separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións, poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe, menores de vinte un anos ou maiores de dita idade que vivan ao seu cargo.
- Así mesmo poderán participar as persoas con nacionalidade de países non membros da Unión Europea ou que non estean incluídos no ámbito de aplicación dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores. No obstante, a formalización do contrato laboral con estes nacionais queda condicionada a que os aspirantes teñan concedida a excepción ou permiso de traballo e residencia legal en España.
- Ter cumpridos os 16 anos.
- Estar en posesión da/s titulación/s válida/s en España que se indique/n de acordo á lexislación española.
- Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física o psíquica que sexa incompatible co desempeño das funcións correspondentes.
- Non estar separado, mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas nin estar inhabilitado para o desempeño das funcións públicas.
CONDICIÓNS:
- Retribución bruta mensual: 1.606,52 € en 14 pagas. Esta praza levará un complemento de proxecto a unha actividade a realizar dentro da liña de investigación, durante a duración concreta da mesma, e en función da porcentaxe de dedicación da xornada laboral de hasta 295,42 € mensuais.
- Data inicio prevista: a partir do dia seguinte á data da resolución da selección.
- Tipo de contrato: contrato de actividades científico-técnicas indefinido.
- Categoría Laboral: investigador/a colaborador/a
- Xornada laboral: a tempo completo (35.0 horas semanais).
LUGAR DE TRABALLO: Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), Campus Vida, Santiago de Compostela.
ENVÍO DE SOLICITUDES:
As persoas interesadas nestes contratos deberán enviar antes do 30 de xuño de 2022 ás 23:59 horas as solicitudes, que deberán incluír unha carta de presentación que resuma a traxectoria do solicitante cos méritos e experiencia a valorar na convocatoria, o currículo vitae (con teléfono móbil e correo electrónico), os títulos e os expedientes académicos de Grao/Licenciatura/Enxeñería e Mestrado; outras certificacións, e a vida laboral (que acredite os méritos profesionais que aparecen no currículo vitae). Toda a documentación remitirase á seguinte dirección de correo electrónico: itmati@itmati.com indicando en “asunto” a referencia da oferta CITMAga-OT-19/2022. Unha vez recibida a solicitude confirmarase a recepción da mesma mediante correo electrónico. As persoas candidatas que sexan convocadas á fase de entrevista deberán aportar documentación orixinal dos méritos aportados.
PRAZOS E RESOLUCIÓN:
Recepción de solicitudes: ata o 30 de xuño de 2022 ás 23:59 horas
Avaliación de solicitudes e realización de entrevistas persoais: primeira semana de xullo de 2022.
Resolución da convocatoria: primeira quincena de xullo de 2022.