OFERTA DE TRABALLO CITMAga-OT-20/2022

1 contrato como investigador/a asociado/a para a realización de tarefas de investigación na Área de Investigación e Transferencia “Ciencia e Coñecemento” dentro do programa de investigación “Análise matemática da datos” e na liña de investigación “CFD en problemas de enxeñería civil”.

OFERTA DE EMPREGO CITMAga-OT-20/2022: 1 contrato como investigador/a asociado/a para a realización de tarefas de investigación na Área de Investigación e Transferencia “Ciencia e Coñecemento” dentro do programa de investigación “Análise matemática da datos” e na liña de investigación “CFD en problemas de enxeñería civil”.

DENOMINACIÓN: Contratación no marco do programa propio de investigación do consorcio Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), aprobado polo Consello Reitor o 25 de maio de 2022, para o desenvolvemento da Axenda Científica do CITMAga. Na  área de Investigación e Transferencia “Ciencia e Coñecemento” dentro do programa de investigación “Análise matemática de datos” e na liña de investigación “CFD en problemas de enxeñería civil”.

REFERENCIA DA OFERTA: CITMAga-OT-20/2022.

DESCRICIÓN DO POSTO: 1 contrato como investigador/a asociado/a.

TRABALLOS A REALIZAR: realización de tarefas de investigación na Área de Investigación e Transferencia “Ciencia e Coñecemento” dentro do programa de investigación “Análise matemática de datos” e na liña de investigación “CFD en problemas de enxeñería civil”.

FUNCIÓNS A REALIZAR: modelización e simulación numérica de problemas de mecánica de fluídos en enxeñería civil.

PERFIS DOS CANDIDATOS: Doutorado.

MÉRITOS E REQUISITOS A VALORAR:

  • Formación e experiencia xeral a valorar (40 puntos, todas as aportacións deben estar documentadas).
    • Expediente académico do doutorado. Valorarase doutorado en matemáticas ou física ou ámbitos relacionados (10 puntos).
    • Coñecementos e experiencia previa en mecánica de fluídos (10 puntos).
    • Coñecemento e experiencia previa en modelización, simulación numérica e optimización, e na implementación e validación en computador de algoritmos e métodos numéricos propios de estas disciplinas (10 puntos).
    • Coñecementos de inglés (10 puntos).
  • Coñecementos e experiencia adicional e específica a valorar (30 puntos, todas as aportacións deben estar documentadas).
    • Experiencia específica na optimización de xeometrías 3D para o seu uso con software CFD (10 puntos).
    • Experiencia específica no deseño de simulacións numéricas: discretización do dominio computacional, aplicación de condiciones de contorno e análises de resultados (10 puntos).
    • Experiencia no manexo dos paquetes de software libre OpenFoam e Paraview (5 puntos).
    • Experiencia específica en proxectos de automatización do proceso de cálculo (5 puntos).
  • Entrevista persoal (30 puntos).

As persoas candidatas seleccionadas de acordo cos criterios anteriores serán convocadas a unha entrevista persoal e a unha proba relativa ás funcións do posto. Entrevistaranse polo menos ás tres persoas candidatas con mellor valoración e que entre os dous apartados anteriores alcanzasen polo menos 45 puntos.

REQUISITOS XERAIS DOS CANDIDATOS:

Para ser admitidas/os, as persoas aspirantes, ademais de cumprir os requisitos específicos esixidos na actividade ou proxecto para a que realicen a súa solicitude indicados no punto anterior, deberán posuír no día de finalización de presentación de solicitudes e mantelos ata a data prevista de finalización do contrato, os seguintes requisitos de carácter xeral:

  • Ter nacionalidade española ou dalgún dos demais Estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún estado, ao que, en virtude de tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.
  • Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, a/o cónxuxe das persoas con nacionalidade española e de algún dos demais Estados membros da Unión Europea, e cando así o prevea o correspondente tratado, o dos nacionais de algún estado ao cal en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, sempre que non estean separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións, poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe, menores de vinte un anos ou maiores de dita idade que vivan ao seu cargo.
  • Así mesmo poderán participar as persoas con nacionalidade de países non membros da Unión Europea ou que non estean incluídos no ámbito de aplicación dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores. No obstante, a formalización do contrato laboral con estes nacionais queda condicionada a que os aspirantes teñan concedida a excepción ou permiso de traballo e residencia legal en España.
  • Ter cumpridos os 16 anos.
  • Estar en posesión da/s titulación/s válida/s en España que se indique/n de acordo á lexislación española.
  • Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física o psíquica que sexa incompatible co desempeño das funcións correspondentes.
  • Non estar separado, mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas nin estar inhabilitado para o desempeño das funcións públicas.

CONDICIÓNS:

  • Retribución bruta mensual: 1.589,19 € en 14 pagas. Esta praza levará un complemento de proxecto a unha actividade a realizar dentro da liña de investigación, durante a duración concreta da mesma, e en función da porcentaxe de dedicación da xornada laboral de hasta 56,00 € mensuais.
  • Data inicio prevista: a partir do dia seguinte á data da resolución da selección
  • Tipo de contrato: contrato de actividades científico-técnicas indefinido.
  • Categoría Laboral: investigador/a asociado/a
  • Xornada laboral: a tempo parcial 75% (26.25 horas semanais).

COMISIÓN DE EVALIACIÓN:

As solicitudes presentadas serán valoradas por unha Comisión de Avaliación designada ao efecto. A Comisión estará constituída polo responsable científico (presidiraa) e membros do equipo de investigación vinculados ao Centro.

Membros da Comisión Especializada de Selección:

  • Presidente: Alberto Pérez Muñuzuri.
  • Secretario: Jorge Mira Pérez.
  • Vocal: Maria Elena Vazquez Cendon.

LUGAR DE TRABALLO: Facultade de Físicas, Campus Vida, Santiago de Compostela.

ENVÍO DE SOLICITUDES:

As persoas interesadas nestes contratos deberán enviar antes do 14 de xullo de 2022 ás 23:59 horas as solicitudes, que deberán incluír unha carta de presentación que resuma a traxectoria do solicitante cos méritos e experiencia a valorar na convocatoria, o currículo vitae (con teléfono móbil e correo electrónico), o título e o expediente académico do doutorado; outras certificacións, e a vida laboral (que acredite os méritos profesionais que aparecen no currículo vitae). Toda a documentación remitirase á seguinte dirección de correo electrónico: itmati@itmati.com indicando en “asunto” a referencia da oferta CITMAga-OT-20/2022. Unha vez recibida a solicitude confirmarase a recepción da mesma mediante correo electrónico. As persoas candidatas que sexan convocadas á fase de entrevista deberán aportar documentación orixinal dos méritos aportados. 

PRAZOS E RESOLUCIÓN:

Recepción de solicitudes: ata o 14 de xullo de 2022 ás 23:59 horas

Avaliación de solicitudes e realización de entrevistas persoais: semana do 14 de xullo de 2022.

Resolución da convocatoria: terceira semana de xullo de 2022.