OFERTA DE TRABALLO CITMAga-OT-21/2022

1 contrato como técnico/a superior de xestión (Contrato de substitución para a cobertura de posto por permiso de nacemento e coidado de menor)

REFERENCIA DA OFERTA: CITMAga-OT-21/2022.

DESCRIPCIÓN DO POSTO: 1 contrato como Técnico/a superior de xestión.

TRABALLO A REALIZAR: realización de tarefas de apoio á xestión administrativa da investigación no marco do programa propio de investigación do consorcio Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), aprobado polo Consello Reitor o 25 de maio de 2022, para o desenvolvemento dos obxectivos estratéxicos de apoio e instrumentais
FUNCIONS A REALIZAR: soporte administrativo mediante a execución das seguintes funcións a realizar:

  • Dar soporte técnico administrativo nas actividades do centro.
  • Xestionar a documentación do centro e arquivo da mesma, así como todas as tarefas relativas á xeración de documentación, emisión de comunicación, mantemento de rexistros e bases de datos, elaboración de certificados, etc…
  • Elaborar e cumprimentar a documentación necesaria para o desenvolvemento das actividades do centro.
  • Recompilar a información para a formulación de propostas nas actividades.
  • Participar na programación e execución das actividades.
  • Apoiar  e participar na elaboración do material  de divulgación, comunicación e  información do centro.
  • Xestionar axendas, viaxes, aloxamentos, gastos e facturas.
  • Xestionar a correspondencia.
  • Manter o rexistro de provedores e actualizar a súa documentación. Efectuar o seguimento de provedores e pedidos.
  • Recepcionar, almacenar, entregar ou inventariar materiais e equipos solicitando a súa reposición.

RESPONSABLES: Profa. Dra. María Rosa Crujeiras Casais, Directora Científica en funcións de CITMAga e Prof. Dr. Javier Roca Pardiñas, Director Adxunto de Transferencia en funcións de CITMAga.

PERFIS DOS CANDIDATOS: Licenciados/as, Enxeñeiros/as, Graduados/as, o equivalentes.

MÉRITOS E REQUISITOS A VALORAR:

  • Formación a valorar (40 puntos, todas as aportacións deben estar documentadas).
    • Expediente académico do grao, licenciatura, enxeñeira, mestrado. Valorarase grao ou licenciatura relacionados cos ámbitos de administración y dirección de empresas e economía. (20 puntos).
    • Coñecementos de inglés. (10 puntos).
    • Formación en uso de ferramentas ofimáticas (Microsoft Office, Access, entorno Windows,) e editores gráficos. (10 puntos).

  • Experiencia xeral a valorar (30 puntos, todas as aportacións deben estar documentadas).
    • Experiencia previa contrastada de polo menos 6 meses de experiencia nas funcións descritas. (30 puntos).

  • Entrevista persoal  (30 puntos).

As persoas candidatas seleccionadas de acordo cos criterios anteriores serán convocadas a unha entrevista persoal. Entrevistarase polo menos ás tres persoas candidatas mellor valoradas e que entre os dous apartados anteriores alcanzaran ao menos 40 puntos.

REQUISITOS XERAIS DOS CANDIDATOS

Para ser admitidas/os, as persoas aspirantes, ademais de cumprir os requisitos específicos esixidos na actividade ou proxecto para a que realicen a súa solicitude indicados no punto anterior, deberán posuír no día de finalización de presentación de solicitudes e mantelos ata a data prevista de finalización do contrato, os seguintes requisitos de carácter xeral:

  • Ter nacionalidade española ou dalgún dos demais Estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún estado, ao que, en virtude de tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.
  • Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, a/o cónxuxe das persoas con nacionalidade española e de algún dos demais Estados membros da Unión Europea, e cando así o prevea o correspondente tratado, o dos nacionais de algún estado ao cal en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, sempre que non estean separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións, poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe, menores de vinte un anos ou maiores de dita idade que vivan ao seu cargo.
  • Así mesmo poderán participar as persoas con nacionalidade de países non membros da Unión Europea ou que non estean incluídos no ámbito de aplicación dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores. No obstante, a formalización do contrato laboral con estes nacionais queda condicionada a que os aspirantes teñan concedida a excepción ou permiso de traballo e residencia legal en España.
  • Ter cumpridos os 16 anos.
  • Estar en posesión da/s titulación/s válida/s en España que se indique/n de acordo á lexislación española.
  • Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física o psíquica que sexa incompatible co desempeño das funcións correspondentes.
  • Non estar separado, mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas nin estar inhabilitado para o desempeño das funcións públicas.

CONDICIONS:

  • Retribución bruta mensual: 1.582,72 € en 14 pagas.
  • Data de inicio prevista: a partir da última semana de agosto de 2022.
  • Tipo de contrato: Contrato temporal, (contrato de substitución para la cobertura de posto por permiso de nacemento e coidado de menor).
  • Categoría laboral: técnico superior de xestión.
  • Xornada laboral: a tempo completo (35.0 horas semanais).
  • Duración: 16 semanas.

LUGAR DE TRABALLO: Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), Campus Vida, Santiago de Compostela.

ENVÍO DE SOLICITUDES:

As persoas interesadas neste contrato deberán enviar antes do 28 de xullo de 2022 ás 23:59 horas as solicitudes, que deberán incluír unha carta de presentación que resuma a traxectoria  do solicitante cos méritos e experiencia a valorar na convocatoria, o currículum vitae (con teléfono móbil e correo electrónico), os títulos e os expedientes académicos de Grao/Licenciatura/Enxeñería  e Mestrado; outras certificacións, e a vida laboral (que acredite os méritos profesionais que aparecen no currículum vitae). Toda a documentación remitirase á seguinte dirección de correo electrónico: itmati@itmati.com indicando en “asunto” a referencia da oferta CITMAga-OT-21/2022. Unha vez recibida a solicitude confirmarase a recepción da  mesma mediante correo electrónico. As persoas candidatas que sexan convocadas á fase de entrevista deberán aportar documentación orixinal dos méritos aportados. 

PRAZOS E RESOLUCIÓN:

Recepción de solicitudes: ata o 28 de xullo de 2022 ás 23:59 horas

Avaliación de solicitudes e realización de entrevistas persoais: primeira quincena de agosto de 2022.

Resolución da convocatoria: segunda quincena de agosto de 2022.