Patricia Barral

Matemática Aplicada
Researcher ID
F-5855-2015
Código ORCID
0000-0003-0921-4585
Doutora en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) en 2001, é membro do grupo de investigación en Enxeñaría Matemática (mat+i) e profesora Titular do Departamento de Matemática Aplicada desde 2003. É tamén investigadora vinculada ao CITMAga desde a súa posta en marcha en 2021, e anteriormente ao Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI) desde 2016 e ao Instituto de Matemáticas (IMAT) desde 2018. A súa investigación céntrase na análise matemática e a simulación numérica de problemas termomecánicos non lineares, incluíndo problemas viscoelásticos e plásticos e condicións de contorno de contacto. Combina a súa interese pola transferencia de coñecemento á industria, principalmente metalúrxica, co estudo teórico de problemas matemáticos relacionados. Participou en máis de trinta proxectos de investigación autonómicos, nacionais e internacionais, así como en diversos contratos de transferencia de tecnoloxía relacionados coa simulación numérica de problemas industriais desde o inicio da súa actividade investigadora. Participou na dirección de cinco teses doutorais e presentou os principais resultados da súa investigación en máis de corenta conferencias nacionais e internacionais.
Programa de investigación:
M4 Ciencia e Coñecemento. Dinámica e fenómenos complexos, M4 Competitividade Industrial. Modelización matemática para a industria, M4 Competitividade Industrial. Algoritmos e computación de altas prestacións, M4 Competitividade Industrial. Produción e xestión eficientes