Paula Saavedra

Estatística
Researcher ID
L-1984-2017
Código ORCID
0000-0002-3031-388X
Paula Saavedra Nieves é Profesora Titular de Universidade no Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Obtivo o seu doutoramento en Estatística e Investigación Operativa en Marzo de 2015, coa tese titulada "Nonparametric data-driven methods for set estimation", baixo a dirección dos Prof. Dres. Wenceslao González-Manteiga (USC) e Alberto Rodríguez-Casal (USC). Foi investigadora postdoutoral no Centro de Investigación Singular en Tecnoloxías da Información (USC), no grupo SiDOR (Statistical Inference, Decision and Operations Research) da Universidade de Vigo e no Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial.
Programa de investigación:
M4 Ciencia e Coñecemento. Análise matemática de datos, M4 Sociedade Dixital. Computación, aprendizaxe e seguridade, M4 Vida e Sostibilidade. Bioestatística e Biomatemáticas, M4 Vida e Sostibilidade. Entendendo a contorna e o cambio climático, M4 Competitividade Industrial. Algoritmos e computación de altas prestacións