Peregrina

Matemática Aplicada
Researcher ID
Código ORCID
0000-0003-2717-8936
Catedrática de Matemática Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela, especializada en modelización matemática, análise matemático e simulación numérica de modelos procedentes da Física, Enxeñería e Ciencias Aplicadas. Participou en numerosos proxectos e contratos con empresas tales como: simulación da solidificación de coladas de aluminio (ALCOA-INESPAL); desenvolvemento de sistemas de embalaxe seguro (VascoGallega de Consignaciones-Kaleido), simulación de intercambiadores de calor (DETEGASA), do proceso de electrólises do aluminio (ALCOA-INESPAL), de fenómenos multifísicos para predicir a calidade da auga dun lago, para avalíar as queimaduras por airbags (Dalphi Metal), a deformación dunha estrutura de filtro de mangas (SiderNaval) ou a optimización do corte de bloques de granito para satisfacer un determinado pedido (Granitos Montefaro). Destacan os proxectos en colaboración con Arcelor-Mittal para a simulación de fenómenos multifísicos en altos fornos ou con a empresa italiana Danieli para estimar o fluxo de calor en-moldes de aceiro na Colada Continua. Foi coordinadora do Nodo CESGA (i-MATH) e da súa Plataforma Consulting, presidenta de math-in, directora do ITMATI, e membro do Board de EU-MATHS-IN. Actualmente é vicepresidenta de EU-MATHS-IN, e presidenta de PET MSO-ED. En 2016 foi distinguida co Premio María Wonenburger, concedido pola Xunta de Galicia.
Programa de investigación:
M4 Competitividade Industrial. Modelización matemática para a industria