María del Pilar Salgado Rodríguez

Universidad
Universidade de Santiago de Compostela
Área
Matemática Aplicada
Researcher ID

Código ORCID
0000-0002-9780-2151

Dende o meu doutoramento na Universidade de Santiago de Compostela (2002), pertenzo ao Grupo de Investigación en Enxeñaría Matemática, que coordino desde 2022. Liderei varios proxectos competitivos relacionados coa modelización, simulación e control con aplicacións na ciencia e na industria. Participei en numerosos contratos de transferencia no ámbito da simulación numérica de problemas industriais, principalmente en metalurxia e enxeñaría eléctrica. Actualmente, son Profesora Titular no Departamento de Matemática Aplicada. Conto con 3 sexenios de investigación e 1 de transferencia; dirixín varias teses de doutoramento. A miña investigación céntrase na análise matemática e numérica de sistemas de ecuacións en derivadas parciais, principalmente relacionados co electromagnetismo de baixa frecuencia. Contribucións destacadas: análise numérica de formulacións en campo magnético/potencial escalar magnético para problemas de correntes inducidas, estudo de modelos de correntes inducidas con portos eléctricos, estratexias innovadoras para acelerar a solución de problemas transitorios periódicos e desenvolvemento de ferramentas de modelización para procesos multifísicos.


Programa de investigación:

M4 Ciencia e Coñecemento. Dinámica e fenómenos complexos, M4 Competitividade Industrial. Modelización matemática para a industria, M4 Competitividade Industrial. Algoritmos e computación de altas prestacións, M4 Competitividade Industrial. Produción e xestión eficientes