Pode a ignorancia promover a democracia?
Pode a ignorancia promover a democracia?
"Pode a ignorancia promover a democracia?", impartido por Mencía Reborido Fuentes (Área de Matemática Aplicada).
Data: 9 de outubro de 2024.
Hora: 17:00h.
Lugar: Salón de Graos, Facultade de Matemáticas (USC).
Abstract:
A dinámica de opinións é un campo de estudo que xorde a partir da derivación de modelos matemáticos e físicos para estudar como os seres humanos interaccionan en grupo baixo unhas certas interconexións ou relacións sociais, xa sexa para acadar un consenso ou para a difusión de opinións.
A diferenza das configuracións sociais tratadas convencionalmente, no noso caso introduciremos na rede a figura do "desinformado", é dicir, unha persoa sen preferencia por ningunha das opinións presentes no noso espectro. A raíz deste cambio estudaremos a emerxencia do consenso a través de distintos modelos de partículas xa existentes.