Polinomios de Stieltjes
Polinomios de Stieltjes
"Polinomios de Stieltjes", organizado polo CITMAga en formato híbrido (presencial e en liña). Será impartido por Víctor Cora Calvo (USC, seminario: Área de Análise)
Data: Mércores, 15 de marzo de 2023
Hora: 17:00 h.
Lugar: Salón de Graos, Facultade de Matemáticas da USC. Tamén en liña a través da plataforma MS Teams (ligazón)
Abstract:
A derivada de Stieltjes é un marco teórico que permite definir a partir dunha aplicación denominada derivador un novo tipo de ecuacións diferenciais onde as solucións admiten descontinuidades e zonas de constancia. Esta flexibilidade nas solucións das ecuacións diferenciais de Stieltjes permite modelizar mellor certos tipos de fenómenos físicos e biolóxicos. Neste mesmo marco pódense definir os polinomios de Stieltjes como combinacións lineais de integrais recorrentes do derivador. Nesta charla falaremos deses polinomios, como permiten definir as funcións Stieltjes analíticas e como resolven as ecuacións diferenciais de Stieltjes lineais de orde superior.