Proposta estabilización
OFERTA DE TRABALLO Convocatoria de estabilización - CITMAga
RESOLUCIÓN do 7 de decembro de 2022, pola que se convoca o proceso selectivo para cubrir, polo sistema de acceso libre, as prazas de persoal empregado investigador do Consorcio Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga) no marco de estabilización de emprego temporal.

En execución do previsto no Anexo IX: Oferta de estabilización extraordinaria do Consorcio Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga) da Resolución do 25 de maio de 2022 (DOG do 31 de maio), pola que se publica a oferta de emprego público da Universidade de Santiago de Compostela e dos seus entes adscritos para o ano 2022, resolve convocar o proceso selectivo para cubrir as prazas que se relacionan no anexo.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Na convocatoria establécense as bases do proceso selectivo e o procedemento para a presentación das solicitudes.
Publicidade e prazo de presentación de solicitudes
As bases e a convocatoria publícanse neste apartado na web do CITMAga. O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Información da convocatoria
- ANUNCIO DOG: (Anuncio DOG GAL), ou ver no DOGA.