Que é a estimación de filamentos?

07 Mai 2025
17:00
Salón de Graos, Facultade de Matemáticas (USC)
CITMAga

"Que é a estimación de filamentos?", impartido por Héctor González Vázquez (Área de Estatística e Investigación Operativa).

Data: 7 de maio de 2025.

Hora: 17:00h.

Lugar: Salón de Graos, Facultade de Matemáticas (USC).

Abstract:

En estatística, as técnicas de redución da dimensión empréganse para representar datos de alta dimensión nun espazo de dimensión menor. A estimación de variedades permite recuperar de xeito non linear a estrutura de variedade na (ou cerca da) que realmente se distribúen os datos. No caso particular dunha curva, o problema denomínase estimación de filamentos.

Nesta charla introduciremos a estimación de filamentos, comentaremos algunhas das súas aplicacións en distintas disciplinas e presentaremos un novo estimador de filamentos no plano, óptimo nun certo modelo de ruído, que se basea nunha restrición de forma que xeneraliza á convexidade, coñecida como r-convexidade.