Ramón González

Matemática Aplicada
Researcher ID
ABE-31-35-2020
Código ORCID
0000-0003-3061-6685
Son Profesor Catedrático de Universidade no Departamento de Matemática Aplicada II da Universidade de Vigo. A miña investigación está centrada na álxebra non conmutativa e en particular no estudo de estruturas alxebraicas con interese en física utilizando técnicas categóricas. As miñas principais contribucións están relacionadas coas álxebras de Hopf e as súas xeneralizacións como os grupos cuánticos, as álxebras de Hopf febles, os grupoides cuánticos, os cuasigrupos de Hopf, os cuasigrupos de Hopf febles, etc. Fun membro do Comité Científico da Rede Galega de Álxebra e Computación (REGACA) e da Rede Española de Álxebra Non Conmutativa (NcAlg). Actualmente, son investigador principal do grupo CI7 da Universidade de Vigo. Nesta web http://www.dma.uvigo.es/rgon/ podes atopar máis información sobre min e a miña actividade investigadora (docencia, publicacións, charlas, proxectos, estudantes de doutoramento, etc).
Programa de investigación:
M4 Ciencia e Coñecemento. Estruturas naturais, M4 Sociedade Dixital. Computación, aprendizaxe e seguridade