Regresión simbólica: descubrindo relacións matemáticas con IA
Regresión simbólica: descubrindo relacións matemáticas con IA
"Regresión simbólica: descubrindo relacións matemáticas con IA", impartido por Santiago Reinal Giménez (Área de estatística e investigación operativa).
Data: 13 de decembro de 2023.
Hora: 17:00h.
Lugar: Salón de Graos, Facultade de Matemáticas da USC.
Abstract:
A regresión simbólica é unha técnica de Aprendizaxe Automática Explicable que busca revelar as relacións explícitas que existen entre as diversas variables dun problema, co propósito de desenvolver modelos preditivos comprensibles e racionais. Nesta charla, exploraremos as ideas principais detrás das distintas propostas dos algoritmos de regresión simbólica, facendo especial fincapé naquelas baseadas en programación xenética. Tamén examinaremos o papel que estas técnicas poden desempeñar no descubrimento científico e na investigación.