Resolución de ecuacións diofánticas de orde superior

15 Nov 2023
17:00
Salón de Graos, Facultade de Matemáticas da USC
CITMAga

"Resolución de ecuacións diofánticas de orde superior", impartido por Lois Omil Pazos (Área de álxebra).

Data: Mércores 15 de novembro de 2023.

Hora: 17:00 h.

Lugar: Salón de Graos, Facultade de Matemáticas da USC.

Abstract:

Unha ecuación dise diofántica cando nela soamente desexamos achar solucións nos números enteiros. Este nome débenllo a Diofanto de Alexandría, coñecido hoxe en día como o “pai da álxebra”. Nesta charla estudaremos os diferentes tipos de ecuacións diofánticas e as súas posibles resolucións, empezando polas máis sinxelas, como a linear, pasando por algunhas máis complicadas, como as de tipo Pell, e chegando ás máis difíciles, que poden incluso requirir o uso de enteiros de Gauss ou de símbolos de Legendre. Acompañaranse os distintos modelos de ecuacións con exemplos prácticos para así visualizar de xeito doado as estratexias a seguir na procura das súas solucións.