Retos e oportunidades na investigación Matemática
Retos e oportunidades na investigación Matemática
Mar, 05 Mar 2024 10
Retos e oportunidades na investigación Matemática
O próximo xoves 21 de marzo celebraremos no Centro de Estudos Avanzados (CEA) da Universidade de Santiago de Compostela (USC), en formato híbrido, a xornada “Retos e oportunidades na investigación Matemática”, na que queremos coñecer mellor as convocatorias da Agencia Española de Investigación (AEI) e reflexionar sobre as posibles melloras a introducir na nosa actividade investigadora.
Nesta xornada contaremos coa participación de Eduardo Liz, actual presidente do panel de MTM da Agencia Estatal de Investigación (AEI), que nos fará unha revisión das convocatorias da AEI, que se complementará coa experiencias do noso persoal investigador vinculado, que participará nunha mesa redonda. A xornada pecharase con Francisco Martín Serrano, do Instituto de Matemáticas de Granada.
PROGRAMA
10:00 – 10:15 Benvida de Pilar Bermejo Barrera (Vicerreitora de Política Científica da USC)
10:15 – 11:30 “Oportunidades e retos na investigación Matemática. Unha visión das convocatorias da AEI”
- 10:15 – 11:00 Relator: Eduardo Liz Marzán, presidente do Panel MTM da Agencia Estatal de Investigación (AEI)
- 11:00 – 11:30 Tempo de conversa
11:30 – 12:00 Pausa - café
12:00 – 13:00 Mesa redonda: “Experiencias dende o CITMAga”
- 12:00 – 12:45 Saray Busto Ulloa, Miguel Domínguez Vázquez, Ana Peón Nieto e Rafael Vázquez Hernández, persoal investigador vinculado ao CITMAga.
- 12:45 – 13:00 Tempo de conversa
Modera: Julio González Díaz, investigador vinculado ao CITMAga
13:00 – 14:00 “Percepción da investigación en Matemáticas en Galicia”
- 13:00 – 13:40 Relator: Francisco Martín Serrano, Instituto de Matemáticas de Granada, Universidad de Granada
- 13:40 – 14:00 Tempo de conversa
14:00 Peche
Queremos animarvos á vosa participación presencial no CEA, para podermos conversar e discutir (e compartir un café). Por iso, precisamos que nos indiquedes se estades interesados en participar a través do seguinte formulario (preme aquí). Pregamos respondades ao mesmo antes do venres 8 de marzo ás 14:00 horas.
Vémonos no CEA o xoves 21 de marzo!