Reunión de investigadores de la Red Española de Análisis Geométrico (REAG)
Reunión de investigadores de la Red Española de Análisis Geométrico (REAG)
A Red Española de Análisis Geométrico (REAG), en colaboración co CITMAga, anuncia que a próxima Reunión da investigadores de la REAG terá lugar do 16 ao 17 de xaneiro de 2025 no Salón de Graos da Facultade de Matemáticas (USC) na cidade de Santiago de Compostela.
A Red Española de Análisis Geométrico (REAG), financiada polo Ministerio de Economía y Competitividad (RED2022-134077-T), creouse ca finalidade de facilitar o intercambio de ideas e a transferencia de coñecementos entre os grupos españoles de investigación que teñen a Análise Xeométrica como liña común de estudo.
Entre os obxectivos da REAG están:
o Organizar cursos tanto avanzados como de doutoramento, sobre temas de especial relevancia na Análise Xeométrica neste momento.
o Promover o intercambio de profesorado e persoal investigador invitado entre os membros da rede.
o Promover as visitas de persoal investigador entre os distintos centros da rede temática.
o Organizar un seminario de estudantes.
o Organizar unha reunión común para os membros da rede.
Esta reunión conta cun Comité Organizador formado por:
• Miguel Brozos Vázquez (investigador vinculado do CITMAga da UDC)
• José Carlos Díaz Ramos (investigador vinculado do CITMAga da USC)
• Miguel Domínguez Vázquez (investigador vinculado do CITMAga da USC)
• Eduardo García Río (investigador vinculado do CITMAga da USC)
Pola súa banda, esta reunión (á que se accede mediante convite), contará cunha rica programación na que participarán:
- Antonio Alarcón López (Universidad de Granada)
- Luis José Alías Linares (Universidad de Murcia)
- Antonio Jesús Cañete Martín (Universidad de Granada)
- David González Álvaro (Universidad Politécnica de Madrid)
- Vicente Miquel Molina (Universidad de Valencia)
- Pablo Mira Carrillo (Universidad Politécnica de Cartagena)
- Vicente Palmer Andreu (Universidad Jaume I)
- Víctor Sanmartín López (CITMAga, Universidade de Santiago de Compostela)
- Gil Solanes Farrés (Universitat Autónoma de Barcelona)
Máis información sobre a REAG (preme aquí).