Rosa María Crujeiras Casais

Universidad
Universidade de Santiago de Compostela
Área
Estatística e Investigación Operativa
Researcher ID
I-7461-2012
Código ORCID
0000-0002-3907-8951

Catedrática no Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización na Universidade de Santiago de Compostela. A miña investigación céntrase no desenvolvemento de metodoloxía non paramétrica en contextos con datos complexos, para procesos con dependencia espacial e variables aleatorias definidas sobre soportes non euclídeos (datos circulares e direccionais). As miñas contribucións máis recentes temos proposto de métodos de estimación nonparamétricos para a densidade e a regresión con variables circulares. Son co-autora de catro paquetes do software R (DTDA, NPCirc, multimode e HDiR). Tamén teño colaborado con persoal investigador doutras áreas como a ecoloxía, a enxeñaría química, a lingüística ou as ciencias da computación.


Programa de investigación:

M4 Ciencia e Coñecemento. Análise matemática de datos, M4 Sociedade Dixital. Humanidades dixitais, M4 Vida e Sostibilidade. Bioestatística e Biomatemáticas, M4 Vida e Sostibilidade. Entendendo a contorna e o cambio climático