Rosana Rodríguez

Análise Matemática
Researcher ID
A-5288-2013
Código ORCID
0000-0001-5852-9845
O seu campo de especialización son as Ecuacións Diferenciais. Doutorouse na Universidade de Santiago de Compostela en 2005, desenvolve as súas tarefas investigadoras no grupo de investigación GI-1561 Ecuacións Diferenciais non Lineais e ten participado en diferentes publicacións científicas e proxectos de investigación relativos a esta temática. É Catedrática da área de Análise Matemática no Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización. Ten participado na codirección de teses de doutoramento e actualmente é vicedecana da Facultade de Matemáticas da USC. Algúns dos seus temas de investigación son as ecuacións diferenciais ordinarias, as ecuacións fuzzy ou a teoría de punto fixo.
Programa de investigación:
M4 Ciencia e Coñecemento. Dinámica e fenómenos complexos, M4 Ciencia e Coñecemento. Estruturas naturais, M4 Ciencia e Coñecemento. Análise matemática de datos, M4 Vida e Sostibilidade. Bioestatística e Biomatemáticas