Sara Recondo
Graduada en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación con mención en Son e Imaxe pola Universidade de Vigo. En 2021 finalicei o Mestrado de Matemática Industrial (M2i) especializada en Modelado e Simulación Numérica en Acústica. Actualmente traballo para Marine Instruments como parte da miña tese industrial, dirixida por Andrés Prieto e Luís Hervella, como alumna da Universidade da Coruña dentro do programa oficial de doutoramento en métodos matemáticos e simulación numérica en enxeñaría e ciencias aplicadas. Ademais, son membro do grupo M2NICA dentro do Departamento de Matemáticas da Universidade da Coruña e formo parte do persoal investigador en formación do Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga).
Programa de investigación:
M4 Competitividade Industrial. Modelización matemática para a industria