Saray
Matemática Aplicada
Researcher ID
Código ORCID
0000-0002-6509-4269
Doutora en Matemática Aplicada pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), baixo a dirección dos profesores J.L. Ferrín e M.E. Vázquez-Cendón, 2018. Completou a súa formación doutoral cos profesores E.F. Toro, na UNITN, e G. Rozza, na SISSA. Da súa experiencia internacional destacan o período posdoutoral no grupo do profesor M. Dumbser, na UNITN, e invitacións a congresos de excelencia coma o Oberwolfach e o Mittag-Leffler. Traballou como profesora na UPM e na UVigo. Regresou á USC no 2024, coma Investigadora Ramón y Cajal no Departamento de Matemática Aplicada, Grupo de Investigación en Enxeñería Matemática, e está vinculada ao CITMAga. No 2025 obtivo unha Starting Grant do European Research council para a realización do seu proxecto SUPREMUM. A súa investigación céntrase no deseño, análise teórica e implementación de métodos numéricos para a resolución de ecuacións en derivadas parciais evolutivas (EDP). As aplicacións, na mecánica computacional, inclúen o estudo de fluxos xeofísicos, fluxos incompresibles e compresibles en enxeñaría industrial e aeroespacial e a simulación de fluxos de sangue no sistema cardiovascular.
Programa de investigación:
M4 Ciencia e Coñecemento. Dinámica e fenómenos complexos, M4 Vida e Sostibilidade. Bioestatística e Biomatemáticas, M4 Vida e Sostibilidade. Entendendo a contorna e o cambio climático, M4 Competitividade Industrial. Modelización matemática para a industria, M4 Competitividade Industrial. Algoritmos e computación de altas prestacións