Singularidades e cohomoloxía local

01 Dec 2022
17:00
Aula 1, Facultade de Matemáticas
CITMAga

"Singularidades e cohomoloxía local"

xoves 1 de decembro de 2022, como parte do programa do Seminario de Iniciación á Investigación 2022/2023, terá lugar a charla: "Singularidades e cohomoloxía local", impartido por Raúl Alvite Pazó

Data: Xoves, 1 de decembro de 2022

Lugar: Aula 1, Facultade de Matemáticas

Hora: 17:00 h.

Resumo: As variedades alxébricas, en contraste coas variedades diferenciables, non son necesariamente lisas. Isto quere dicir que nelas existen singularidades, é dicir, puntos nos que, intuitivamente, a dimensión do espazo tanxente é superior á axeitada.  

Nesta charla veremos que son as singularidades, algúns exemplos e como caracterizalas. Nisto último, centrarémonos no concepto de regularidade dun anel, que é a expresión alxébrica do concepto xeométrico de non singularidade, así como noutro especialmente útil que caracterizará ás singularidades máis manexables, o de ser Cohen-Macaulay. Ademais, veremos como estes dous se relacionan. Finalmente, introduciremos a cohomoloxía local, unha ferramenta que nos permitirá caracterizar os aneis locais Cohen-Macaulay.

 

Máis información: O seminario emitirase a través de Teams, pódese acceder á reunión mediante esta ligazón. Por último, outorgarase un certificado de asistencia presencial a máis do 80% das charlas organizadas neste curso.