Teoría de Iwasawa para ciclos diagonais no caso non ordinario
Teoría de Iwasawa para ciclos diagonais no caso non ordinario
"Teoría de Iwasawa para ciclos diagonais no caso non ordinario", organizado polo CITMAga en formato presencial. Será impartido por Raúl Alonso Rodríguez (University College Dublin [UCD]).
Data: 19 de novembro de 2025
Hora: 12:00 h
Duración: 1 hora
Lugar: Aula 10 da Facultade de Matemáticas (USC)
Abstract:
En traballos previos con Castellà e Rivero, utilizamos a construción de familias de ciclos diagonais de Darmon--Rotger e Bertolini--Seveso--Venerucci para construir un sistema de Euler anticiclotómico para o produto de dúas formas modulares ordinarias. Nesta conferencia explicaremos como adaptar estes resultados ao caso no que unha das formas modulares non é ordinaria. O estudo deste caso require a introdución de clases signadas no estilo de Kobayashi. Como aplicación demostramos unha divisibilidade en conxecturas principais de Iwasawa para grupos de Selmer signados. Esta conferencia está baseada nun traballo conxunto con Kazim Büyükboduk, Antonio Cauchi e Antonio Lei.