Teoría de Morse discreta
Teoría de Morse discreta
"Teoría de Morse discreta", impartido por Andrea Polo Rodríguez (Área de xeometría e topoloxía).
Data: 14 de febreiro de 2024.
Hora: 17:00h.
Lugar: Salón de Graos da Facultade de Matemáticas (USC).
Abstract:
A teoría de Morse clásica iniciase arredor de 1930 e é de grande importancia no ámbito da topoloxía diferencial. Cos recentes avances no ámbito da computación e da informática, unha das liñas de investigación máis prometedoras dentro da topoloxía aplicada é a adaptación computacional da teoría de Morse clásica. Nace así a súa versión discreta entre finais do século XX e comezos do século XXI da man de Robin Forman. O obxectivo da charla será facer unha introdución á teoría de Morse discreta sobre complexos simpliciais e presentar as desigualdades de Morse como consecuencia de resultados do ámbito da homoloxía simplicial (e non da teoría de homotopía, que soe ser a vía máis frecuente).