Topoloxía e robótica: Distancia homotópica e outros invariantes alxébrico-topolóxicos

01 Feb 2023
17:00
Salón de Graos, Facultade de Matemáticas da USC
CITMAga

"Topoloxía e robótica: Distancia homotópica e outros invariantes alxébrico-topolóxicos"organizado polo CITMAga en formato híbrido (presencial e en liña). Será impartido por Samuel Castelo Mourelle (USC, seminario: Área de Topoloxía)

Data: mércores 1 de febreiro

Hora: 17:00 h.

Lugar: Salón de Graos, Facultade de Matemáticas da USC. Tamén online a través da plataforma MS Teams (ligazón)

Abstract:

Os distintos estados de configuración dun sistema complexo (como os do movemento dun robot ou dron) pódense modelar cun espazo topolóxico ou a súa versión discreta (complexos simpliciais ou categorías pequenas). Haberá pois dous obxectivos: ver como se traduce de xeito sinxelo o funcionamento dun brazo robot a un problema de índole topolóxica; e introducir distintos invariantes topolóxicos, tanto clásicos (categoría LS) como máis recentes (complexidade topolóxica e distancia homotópica) que nos permiten coñecer a dificultade de deseñar algoritmos para mover o sistema entre estados.