Topoloxías de Grothendieck
Topoloxías de Grothendieck
"Topoloxías de Grothendieck", organizado polo CITMAga en formato híbrido (presencial e en liña). Será impartido por Samuel Alvite Pazó (USC, seminario: Área de Álxebra)
Data: Mércores, 26 de abril de 2023
Hora: 17:00 h.
Lugar: Salón de Graos, Facultade de Matemáticas da USC. Tamén en liña (MS Teams)
Abstract:
A comezos do s anos 60, co obxectivo por parte de A. Grothendieck de demostrar as conxecturas de Weil, xurdiu unha nova idea de “topoloxía”, máis débil que a noción usual. No seu estudo das teorías cohomolóxicas, atopouse con entidades que parecían comportarse como feixes, pero onde a categoría subxacente non era a de abertos dun espazo topolóxico, senón algo “semellante”.
Nesta charla introduciremos o concepto de Topoloxía de Grothendieck e como a súa xeralización do que constitúe un recubrimento resulta suficiente para estender a teoría de (pre)feixes a contextos máis amplos.