Un breve percorrido polo universo das distribucións en Inferencia Estatística

10 Mai 2023
17:00
Salón de Graos, Facultade de Matemáticas da USC
CITMAga

"Un breve percorrido polo universo das distribucións en Inferencia Estatística", impartido por Pablo Carballo Fraguas.

Data:  Mércores 10 de maio de 2023

Hora:  17:00 h.

Lugar:  Salón de Graos, Facultade de Matemáticas da USC.

Abstract:

As distribucións de probabilidade son unha das ferramentas fundamentais dentro da Inferencia Estatística. Nesta charla comezaremos introducindo algúns conceptos básicos ligados a elas e veremos unha panorámica do universo de distribucións no caso univariante. A continuación, dedicaremos o resto da charla
a introducir algunhas distribucións menos coñecidas e comentaremos algunhas das súas aplicacións. En concreto,
falaremos da Lei de Benford e a Lei de Zipf, no caso discreto; e no caso continuo, da distribución de Weibull e da distribución de Valores Extremos.