Un pouco de contacto dentro do mundo da xeometría

26 Mar 2025
17:00
Salón de Graos, Facultade de Matemáticas (USC)
CITMAga

"Un pouco de contacto dentro do mundo da xeometría", impartido por Silvia Souto Pérez (Área de Xeometría e Topoloxía).

Data: 26 de marzo de 2025.

Hora: 17:00h.

Lugar: Salón de Graos, Facultade de Matemáticas (USC).

Abstract:

A Mecánica é a ciencia que trata o comportamento dos corpos cando se os somete a forzas ou desprazamentos.

O uso de ferramentas da xeometría diferencial no estudo dos sistemas mecánicos clásicos permitiunos avanzar cara unha mellor comprensión do mundo.

Por exemplo, o marco natural para estudar os sistemas hamiltonianos autónomos son as variedades simplécticas, nas que, xeometricamente, se pode obter unha descrición alternativa das ecuacións do movemento dun sistema mecánico conservativo.

Porén, na realidade atopámonos con sistemas que non están illados, sistemas onde hai unha parte da enerxía que se perde ou se "disipa" co paso do tempo. E aquí é onde entra a formar parte a denominada xeometría de contacto, na que nos centraremos nesta charla.