Unha charla relativamente matemática
Unha charla relativamente matemática
Unha charla relativamente matemática
O mércores 2 de novembro de 2022 terá lugar o seguinte Seminario de Iniciación á Investigación: Unha charla relativamente matemática, que será impartido por Diego Mojón Álvarez (Universidade de Santiago de Compostela, USC).
Data: Mércores, 2 de novembro de 2022
Lugar: Salón de Graos, Facultade de Matemáticas, USC
Hora: 17:00h
Abstract: A Relatividade Xeral é unha das teorías físicas máis importantes e coñecidas en todo o mundo. Nos seus máis de cen anos de historia, as súas predicións sobre fenómenos gravitatorios moi diversos supuxeron unha revolución do noso entendemento do Universo, ao explicar feitos que a teoría newtoniana non podía incorporar.
Nesta charla repasaremos algunhas ideas básicas sobre a formulación matemática da Relatividade Xeral e as bases xeométricas sobre as que se asenta, en concreto a teoría de variedades lorentzianas. Centrarémonos tamén nos modelos matemáticos de dous conceptos que aínda hoxe intrigan tanto a científicos como ao público xeral: os buratos negros e o problema do transporte superlumínico.
Máis información: Outorgarase un certificado de asistencia a todas aquelas persoas que asistan presencialmente a máis do 80% das charlas organizadas durante o actual curso académico (Curso 2022-2023)
Actividade co-financiada coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades