Unha nova forma de ver relacións: a correlación de distancias
Unha nova forma de ver relacións: a correlación de distancias
"Unha nova forma de ver relacións: a correlación de distancias"
O mércores 16 de novembro de 2022 terá lugar o seguinte Seminario de Iniciación á Investigación: "Unha nova forma de ver relacións: a correlación de distancias", que será impartido por María Vidal García, (Universidade de Santiago de Compostela, USC).
Data: Mércores, 2 de novembro de 2022
Lugar: Salón de Graos, Facultade de Matemáticas, USC
Hora: 17:00h
Abstract: Á hora de realizar unha análise estatística de datos nun escenario con varias variables, un dos obxectivos habituais é determinar se existen ou non relacións entre elas. Tradicionalmente para resolver esta cuestión contábamos unicamente con ferramentas que permitían detectar a presenza de relacións de tipo linear, destacando o amplamente coñecido coeficiente de correlación de Pearson. En 2007, Székely, Rizzo e Bakirov propoñen unha nova medida de dependencia con capacidade para captar a existencia de relacións de calquera tipo: a correlación de distancias. Dende entón non paran de desenvolverse aplicacións desta idea en todos os ámbitos da estatística amosando o incrible potencial da proposta. Nesta charla veremos como se constrúe a correlación de distancias, en que consiste e cales son as súas principais vantaxes.
Máis información: Outorgarase un certificado de asistencia a todas aquelas persoas que asistan presencialmente a máis do 80% das charlas organizadas durante o actual curso académico (Curso 2022-2023)
Actividade co-financiada coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades