Wenceslao

Estatística e Investigación Operativa
Researcher ID
E-4253-2012
Código ORCID
0000-0002-3555-4623
Wenceslao González Manteiga é catedrático de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Santiago de Compostela (USC). É o líder dunha gran escola de Inferencia non Paramétrica en Galicia (España). Foi director ou codirector de 34 estudantes de doutoramento e autor de máis de 200 publicacións en revistas indexadas internacionais de referencia. Foi o coordinador de importantes redes de investigación e transferencia en Matemáticas (tales como “Consulting and Computing in Mathematics” (2006-2010) e o investigador principal de numerosos proxectos de investigación e de transferencia competitivos a nivel autonómico, nacional e europeo. É o investigador principal actual do grupo de "Modelos de Optimización, Decisión, Estatística e Aplicacións" (MODESTYA) da USC. É editor asociado de varias revistas internacionais, a destacar: TEST, JASA e Bernoulli. É "fellow" do “Institute of Mathematical Statistics” (IMS), membro do "International Statistical Institute" (ISI elected member), membro da Academia Galega de Ciencias, medallista da Sociedade de Estatística e Investigación Operativa (SEIO) desde o 2020 e obtivo varios premios de investigación, destacando, máis recentemente, o premio SEIO-BBVA (2020), por ser coautor da mellor contribución metodolóxica do campo da Estatística. Foi premio nacional (2021) de Estatística, outorgado polo Instituto Nacional de Estatística (INE). Páxina web: http://eamo.usc.es/pub/wences
Programa de investigación:
M4 Ciencia e Coñecemento. Dinámica e fenómenos complexos, M4 Ciencia e Coñecemento. Análise matemática de datos, M4 Vida e Sostibilidade. Bioestatística e Biomatemáticas, M4 Competitividade Industrial. Modelización matemática para a industria