Xornada bienal do CITMAga 2024
Xornada bienal do CITMAga 2024
Xornada bienal do CITMAga 2024
O venres 12 de abril ás 10:00 horas celebrarase a “Xornada bienal do CITMAga 2024”.
O día 12 de abril vémonos (presencialmente) no Paraninfo da Universidade da Coruña (UDC), de 10:00 a 14:00 horas, para celebrar a xuntanza bienal do CITMAga. Nesta xornada queremos dar a coñecer as actividades que temos realizado e a planificación para o ano 2024, así como recoller propostas e suxestións por parte de toda a comunidade do CITMAga. Pensamos que é unha ocasión inmellorable para poder vernos, conversar, discutir e poñer en marcha novos proxectos!
Nunha primeira parte do evento, asistiremos á conferencia: “María Wonenburguer: tendencia a ser feliz” da man de Dna. Ana Dorotea Tarrío Tobar e Dna. María José Souto Salorio investigadoras vinculadas ao CITMAga da Universidade da Coruña (UDC) e a unha conferencia sobre “Ciencia aberta” que realizará persoal do servizo de Biblioteca da Universidade da Coruña (UDC).
Na segunda parte do evento, se expoñerán as actividades que o CITMAga levou a cabo nos últimos meses e se visibilizarán as propostas de actividades para o ano 2024 a cargo dos membros do Comité de Dirección do CITMAga.
O evento terá lugar no Paraninfo do Reitorado da Universidade da Coruña (UDC) de forma presencial.
Por este motivo, CITMAga habilitará a opción de asistir a través dun transporte colectivo dende Santiago de Compostela, que chegará ao lugar do evento para o comezo da charla e regresaría a Santiago de Compostela despois do xantar. De termos suficiente xente interesada, alugaríamos un autobús. Para os que vos despracedes dende Vigo e esteades interesados en empregar un transporte colectivo, analizaremos cal é a mellor forma de proceder.
Tamén aproveitamos para invitarvos a quedar a xantar con nós nesta Xornada tan especial xa que dende as 14:00h ata as 16:00h temos a posibilidade de quedarmos na cafetería do Paraninfo! O prezo do menú é de 16€ por persoa.
Programa:
PROGRAMA COMPLETO: (descargar programa completo)
10:15h | Recepción de asistentes e entrega de documentación |
10:30h | Apertura e intervención das autoridades |
10:45h | Conferencia: “María Wonenburguer: tendencia a ser feliz” |
11:45h | Pausa (café)/Descanso |
12:15h | Conferencia: “Ciencia aberta” |
13:15h | Actividade do CITMAga. Propostas para 2024 |
14:00h | Clausura Xornada |
14:15h | Xantar |
Rógase confirmar asistencia a través do seguinte formulario de inscrición (preme aquí).
Data límite de inscrición: venres 5 de abril ás 15:00 h.
ORGANIZA: CITMAga e UDC.
LUGAR: Paraninfo do Reitorado da Universidade da Coruña. Dirección: Rúa da Maestranza, 9 (A Coruña).
Dende CITMAga queremos agradecer a Ana Tarrío, Marta Benítez, Coté Pereira, Raquel Taboada e María José Souto, así como ao Servizo de Biblioteca e á Reitoría da UDC a súa colaboración na organización deste evento e a súa participación como poñentes no mesmo.