Xornada de Sinerxía Científica CITENI - CITMAga

05 Xul 2024
10:00
Salón de Graos da Facultade de Humanidades e Documentación do Campus Industrial de Ferrol (Universidade da Coruña)
CITENI e CITMAga

O próximo día 5 de xullo terá lugar a Xornada de Sinerxía Científica, organizada en colaboración entre o Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) e o Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga). Este evento desenvolverase no Salón de Graos da Facultade de Humanidades e Documentación do Campus Industrial de Ferrol (Universidade da Coruña), en horario de 10:00 a 17:00 horas, con pausas para o café e o xantar, ofrecidos por xentileza do Campus Industrial.


A xornada está deseñada para promover a colaboración interdisciplinar e atopar solucións matemáticas eficaces para problemas complexos de enxeñaría. É unha excelente oportunidade para compartir coñecementos e experiencias entre os membros de ambos os dous centros. Non perdades esta ocasión para acompañarnos nun encontro científico conxunto de tan alto nivel, as prazas son limitadas!

 

Programación (preme aquí)


SESIÓN DE MAÑÁ 10:00-14:00 h no Salón de Graos da Facultade de Humanidades e Documentación (UDC)

10:00 - 10:10 | Inauguración. Apertura e introdución da xornada por parte de:
• Ana Isabel Ares, vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social da UDC
• Marcos Míguez, director do Campus Industrial de Ferrol
• Armando Yáñez, director científico do CITENI
• Rosa María Crujeiras, directora científica do CITMAga

10:10-10:30 h | Simulación numérica e modelos analíticos en mecánica de fluídos. Anne Gosset, Pablo Fariñas, Javier García (CITENI)

10:30-10:45 h | Modelización e simulación numérica de problemas de mecánica de fluídos no ámbito industrial. José Luis Ferrín (CITMAga)

10:45-11:00 h | Detección de colisións entre superficies dadas por NURBS. Daniel Dopico (CITENI)

11:00-11:15 h | Ensamblaxes robotizadas en procesos de construción naval. Micaela Gómez, Javier Montero (CITENI)

11:15-11:30 h | Predición de estabilidade en sistemas non lineais. Emilio Sanjurjo (CITENI)

11:30-11:45 h | Estabilidade e precisión de sistemas cosimulados. Francisco González (CITENI)

11:45-12:00 h | Pausa para o café [Lugar: galería do andar 1 da Fac. de Humanidades e Documentación]

12:00-12:15 h | Emprego de filtros de Kalman para estimar sistemas indeterminados. Antonio Joaquín Rodríguez (CITENI)

12:15-12:30 h | Propagación de ondas en medios complexos. Andrés Prieto (CITMAga)

12:30-12:45 h | Aplicacións da termomecánica, remodelación ósea e mecánica celular. Noelia Bazarra (CITMAga)

12:45-13:00 h | Optimización do problema de programación da ensamblaxe de bloques na construción naval. Javier Pernas (CITENI)

13:00-13:15 h | Análise de sensibilidade de problemas de elementos finitos estáticos lineais e análise modal respecto de parámetros xeométricos do modelo. Daniel Dopico (CITENI)

13:15-13:30 h | Optimización matemática no ámbito enerxético. Julio González (CITMAga)

13:30-13:45 h | Control óptimo en problemas medioambientais. Miguel Ernesto Vázquez (CITMAga)

13:45-14:00 h | Preguntas, debate e resumo da sesión de mañá. Rosa María Crujeiras (CITMAga), Armando Yáñez (CITENI).

14:00-15:00 h | Pausa para o xantar [Lugar: Cafetaría do Campus Industrial (entregarase un vale para o xantar)

 

SESIÓN DE TARDE 15:00-17:00 h no Salón de Graos e galería da Facultade de Humanidades e Documentación

15:00-15:15 h | Introdución aos grupos de traballo. Armando Yáñez, Francisco González (CITENI). Presentación das mesas de traballo: obxectivos e metodoloxía [Lugar: Salón de Graos da Fac. de Humanidades e Documentación]

15:15-16:15 h | Grupos de traballo mixtos. | Sesións de traballo conxunto entre persoal investigador do CITENI e o CITMAga. [Lugar: galería do andar 1 da Fac. de Humanidades e Documentación]

16:15-16:45 h | Conclusións dos grupos de traballo | Resumo das achegas e conclusións de cada mesa de traballo (opcional). [Lugar: Salón de Graos da Fac. de Humanidades e Documentación]

16:45-17:00 h | Peche da xornada e despedida. Rosa María Crujeiras (CITMAga), Armando Yáñez (CITENI)

 

Inscrición (preme aquí)