XXIII Jornadas de Trabajo en Mecánica Celeste
XXIII Jornadas de Trabajo en Mecánica Celeste
As XXIII Jornadas de Trabajo en Mecánica Celeste terán lugar do 26 ao 28 de xuño en Vila Nova de Cerveira (Portugal) e reunirán a grandes figuras expertas da materia nun encontro científico que conta cunha sólida traxectoria non só no panorama científico español e que aspira a servir de punto de traballo e de interconexións entre o persoal que está a desenvolver as súas investigacións e proxectos no ámbito da astrodinámica.
Comité Científico:
- David Arnas (University of Purdue)
- Pedro Pablo Campo (Observatorio Astronómico Nacional)
- José Ángel Docobo (CITMAga - USC, Coordinador)
- Antonio Elipe (Universidad de Zaragoza, Coordinador)
- José Manuel Ferrándiz (Universitat d'Alacant)
- Anna Guerman (Universidade de Beira Interior)
- Tilemahos Kalvouridis (National Technical University of Athens)
- René Méndez (Universidad de Chile)
- Jesús Palacián (Universidad Pública de Navarra)
- Ana Isabel Pascual (Universidad de La Rioja)
- Mercè Ollé (Universitat Politècnica de Catalunya)
Comité Organizador:
- Pedro Pablo Campo Díaz
- José Ángel Docobo Durántez (CITMAga - USC, Coordinador)
- Luca Piccotti
Datas: 26-28 de xuño 2025.
Lugar: Vila Nova de Cerveira (Portugal).
Envío de abstracts ata o 31/05/2025: (preme aquí).
Rexistro: (preme aquí).
Páxina web das Xornadas: (preme aquí).
Correo-e de contacto: joseangel.docobo@usc.es
O rexistro será gratuíto para o estudantado e o persoal que está a levar a cabo os seus estudos de doutoramento, que terán que ser avalados por un/a profesor/a participante nas Xornadas.
Este encontro contará ca colaboración do CITMAga, o Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades, a Xunta de Galicia, o Observatorio Astronómico Ramón María Aller (USC), Nova de Congresos, S. L., o Ayuntamiento de Vila Nova de Cerveira e a Real Academia de Ciencias de Zaragoza.